A provincia de Lugo será -gracias a un convenio entre a empresa organizadora e Turgalicia- a protagonista dunha das etapas de La Vuelta Ciclista a España 2012. O evento deportivo, que chega á súa edición número 67, inclúe no seu percorrido o tramo Palas de Rei-Murias (León) e percorrerá as localidades de Guntín de Pallares-Portomarín-Paradela-Biville-Maside-Sarria-Galegos-Becerreá-Pobra de Navia e Muñís, en territorio lucense.
Durante a presentación da etapa lucense de La Vuelta, a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, resaltou que o tramo Palas de Rei-Murias, con 152 quilómetros e cinco portos de montaña será un expositor inigualable para a beleza singular da provincia. Asimesmo, explicou que a celebración da proba deportiva en terras lucenses implica a consecución dun triple impacto: o gran impacto mediático e a repercusión comunicacional das campañas de promoción do evento; o impacto inmediato na zona e mais a posibilidade de vincular o deporte cos produtos gastronómicos da terra que atravesa a competición.
No tocante ao impacto inmediato a nivel económico na zona, estímase que as 1.500 persoas que forman parte da loxística da proba xerarán uns 250 mil euros diarios nas cidades e vilas que acollen ao equipo de profesionais.
A Secretaría Xeral para o Turismo implica tamén á Asociación de Empresarios de Hostelería de Lugo a través da participación no evento cun stand que levará o slogan ‘E para comer, Lugo’ e que ten por finalidade dar a coñecer os produtos gastronómicos con indicación de calidade da provincia de Lugo xa que, as zonas vips de saída das diferentes etapas da volta contarán con degustacións de produtos gastronómicos mostra do mellor da oferta culinaria lucense.