O alcalde de Lugo, José López Orozco, e a deputada provincial de Deseño e Artesanía, Regina Polín, fixeron un percorrido por algunhas das novas sinais turísticas que se poden ver polo centro histórico. O rexedor destacou que “somos a primeira cidade de Galicia e unha das primeiras de España que incorporamos ás sinais turísticas informativas o código QR que permite descargar a información en vídeo”. Desta maneira os turistas, sempre que teñan descargada a aplicación no seu teléfono, poderán coñecer máis datos sobre os monumentos da cidade explicados por personaxes históricos vinculados a Lugo como a raíña Isabel II, o Apostolo Santiago, San Vicente Ferrer ou o Bispo Izquierdo.
O deseño dos paneis e a cor selecionada, que son o verde, marrón e gris, escolleuse acorde cos tonos da Muralla para que destaquen os monumentos e non a sinalización, segundo explicou o Alcalde de Lugo. Ademais a información de todos os paneis e os videos, pode ser consultada en galego, castelán, inglés e braille.
Neste proxecto participaron os arquitectos Ángeles Castro e Raúl Veiga e o deseñador gráfico Luis Montero que diseñaron os paneis, a empresa Imaxina que levou a cabo a elaboración do material audiovisual e a empresa Teva Señal que foi a encargada da instalación.