Máis de 35.000 agricultores e gandeiros benefícianse de 143 millóns de euros en axudas directas da PAC
A Consellería do Medio Rural e do Mar, a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), ordenou xa a transferencia de 65.637 pagos por un importe total de 142.984.342 euros, dos que se beneficiarán 35.290 agricultores e gandeiros, en concepto de varias axudas directas da Política Agraria Común (PAC) a explotacións agrogandeiras, solicitadas neste ano e financiadas polo Fondo Europeo Agrario de Garantía.
Os pagos directos en axudas da PAC experimentaron desde 2008 un incremento gradual e significativo, que supera neste momento os 44 puntos porcentuais. Este aumento vén a poñer de manifesto o “compromiso” deste departamento da Xunta coa competitividade do sector, apunta o Goberno galego.
O pago máis importante realizado é o correspondente ao réxime de pagamento único por explotación, desligado da produción, que se vén aplicando desde o ano 2006, e que recibiron 35.290 agricultores galegos en concepto de anticipo máis saldo, cun importe de 103.061.153 euros.