Portos de Galicia está a colaborar cos clubes náuticos dos peiraos de titularidade autonómica para a definición de melloras de carácter ambiental e prestación de servizos, de cara á obtención de distintivos de calidade. A este respecto, a Fundación Adeac vén de abrir o prazo para a presentación de solicitudes para a obtención de bandeiras azuis dende os clubes náuticos.
Nesta edición Portos de Galicia está representado cun total de 14 candidaturas, unha cifra que, de novo, supera ás dos anos anteriores, como vén sendo tendencia dende 2009, cando se estrenou o distintivo para os portos deportivos. Dende entón, a evolución dos portos autonómicos na obtención de bandeiras azuis marca unha liña ascendente, pasando de tres en 2009, a oito en 2010, e once en 2011.
O pasado ano acadaron a distinción Portosín, Ares, Ribeira, Sada, Vilanova de Arousa, Pedras Negras (O Grove), Juan Carlos I de Sanxenxo, Porto Deportivo de Baiona, Monte Real Club de Iates, tamén de Baiona, Portonovo e Ribadeo.