O campión galego de Xefes de Sala-Maitres é Óscar Quintana

Óscar Quintana Lourido, natural de Negreira e que traballa actualmente no Parador de Zamora, é o novo campión galego de Xefes de Sala-Maitres. Alzouse co primeiro posto tras ser o mellor no cómputo das nove probas ás que o xurado someteu aos finalistas do Campionato Galego de Xefes de Sala-Maitres celebrado este xoves no IES Vilamarín (Ourense).

O
subcampión é José Manuel Míguez Cid (Santiago), que traballa en La Bodeguilla de San Roque, mentres que o terceiro clasificado é Guillermo González Gómez, de O Carballiño, e que recentemente participou na olimpíada mundial da formación profesional, ‘World Skills 2011’ en Londres.

Outros 5 profesionales galegos acadaron a condición de Finalistas: Mario Basoa (Restaurante Vilar de Mouros, Ferrol), Juan Fariña (Parador Santiago), Pedro Sestayo(formación A Coruña), Tyalis Veiga (Diageo, Vigo), Daniel Ocaña (Restaurante Pepe Vieira, Poio).
O presidente da Deputación de Ourense non acudiu ao acto de apertura da VI edición bienal do Campionato de Galicia de Xefes de Sala-Maitres. Nun exercicio combinado de respecto ao sector e colectivo protagonista, curiosidade pola evolución profesional dos soportes turísticos, e de responsabilidade cerciorándose persoalmente da envergadura do proxecto que patrocinaba, Xosé Luis Baltar permaneceu por máis de hora e media como espectador de excepción, observando a espectacular evolución dos concursantes na arte cisoria, no corte de xamón, no servizo de viño... -Anímovos a seguir traendo títulos para Galicia", dirixíndose ao colectivo de medio cento de persoas relacionadas coas profesións hostaleiras presentes no acto-

Na cerimonia inaugural, Guillermo Campos destacou no capítulo de agradecementos (aos concursantes polo seu compromiso; aos membros dos xurados, polo categoría que sumaban ao evento; ao centro anfitrión, pola súa "colaboración total") que, na entrevista sostida co presidente "nunca unha xestión foi máis rápida: creo que non pasaran nin oito segundos de exposición do proxecto, e xa me anticipou que lle parecía interesante...".

Entre unha e outra intervencións, a do director do IES-Escola de Hostalería de Vilamarín, cuxa labor tamén loubara Baltar. "O sector docente sentimos a ilusión vocacional de poñer os medios para que o sector da hostalería dispoña, con cada ciclo que se sucede, dos profesionais mellor formados. Así, desde o IES Vilamarín, sentímonos fortemente comprometidos con recibir este tipo de acontecementos que son moi importantes para a formación, ferramenta decisiva, pero tamén para a autoestima dos propios alumnos, e o espertar de novas vocacións".

José Vicente Gómez, ao valorar o desenvolvemento final do acto, destacaría, precisamente, o "despregue" de todo o equipo do departamento de Servizos do centro, "sen o que unha sucesión de probas tan complexa e variopinta sería difícil de materializar con éxito", subliñou o presidente de Amaiga.

Daniel Ocaña

Mario Basoa



Juan Fariña_ Servizo Viño  Antón Alonso 8AGAXET) David Barco (AGASU) Xurxo Rivas (AMAIGA) Carlos Portela (SUB-CAMPIÓN NACIONAL) Xosé Posada (IRMANDADE VIÑOS GALEGOSS)
 
Oscar Quintana
Pedro Sestayo
Tyalis Veiga
Juan Fariña
Oscar Quintana
José Manuel Míguez Cid

Guillermo Gonzalez
Finalistas

O Campionato, patrocinado pola Deputación de Ourense coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación, non sería posible sen a colaboración das seguintes firmas: Celestino Gómez (D.O. Los Pedroches); Cooperativa Vitivinícola de O Ribeiro; Estrella Galicia; C.R. Aguardentes de Galicia; La Chinata; CC.RR. Arzúa-Ulloa, Tetilla, Cebreiro e San Simón da Costa; Tattoo Contract e Pescanova.