Neste sentido, Hostelería Compostela quere chamar a atención sobre “a importancia de aproveitar as vantaxes para a conectividade internacional que o aeroporto de Santiago ofrece para toda Galicia dende o punto de vista dos usuarios, con máis frecuencias, conexións e mellores prezos e dende o punto de vista turístico, polo que é esencial consolidar as conexións existentes e diversificar a oferta actual con enlaces con outras compañías de baixo custo e tradicionais”. Tamén se analizaron as liñas de colaboración con Turgalicia para realizar diferentes viaxes de familiarización, nas que “se bota en falla a presenza de operadores internacionais e xornalistas”.
O Foro de Directores de Hotel tamén analizou os datos de ocupación hoteleira nos últimos meses nos establecementos de Santiago e destacou a importancia que cobra actualmente o fomento do turismo internacional para melloralos. A este respecto, os directores dos hoteis están moi preocupados polas tendencias negativas que o sector turístico de Galicia está a manter nos últimos meses.