Semella que non son estes malos tempos para a cultura. Alomenos, se atendemos ás cifras de visitantes acadadas polo Marco de Vigo en 2011. Dende a súa apertura, a finais de 2002, o ano pasado foi o máis multitudinario, cun total de 116.556 visitantes. Esto representa o triple de visitas que en 2003, o primeiro ano completo de actividade deste museo olívico.
Entre as mostras que espertaron un maior interese están a de Virxilio Viéitez e a de Martin Creed.
Entre as mostras que espertaron un maior interese están a de Virxilio Viéitez e a de Martin Creed.