O novo regulamento das augardentes e licores de Galicia aposta pola adaptación aos gustos do consumidor
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica unha Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se aproba o Regulamento das indicacións xeográficas Augardente de Galicia, Augardente de Herbas de Galicia, Licor de Herbas de Galicia e Licor Café de Galicia, e do seu consello regulador común, o Consello Regulador das Indicacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.
Con esta regulación, o Consello Regulador das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia configúrase como corporación de dereito público, con personalidade xurídica de seu, autonomía económica e plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins.
O regulamento presenta tamén diversas modificacións técnicas, algunha delas orientada á adaptación aos gustos dos consumidores actuais. Cómpre destacar que, con estas actualizacións, rebáixase ao 25% a cantidade de alcohol procedente da destilación de bagazo (augardente) necesaria na elaboración dos licores de herbas e café. Con este cambio técnico “elaboraranse licores máis ao gusto dos consumidores, que queren unha bebida máis suave, que non estea tan personalizada polo augardente de base, pero sen perder a súa tipicidade, que ven dada fundamentalmente por un xeito de elaboración tradicional”, sinala a Xunta.