A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación de www.menugallego.es, primeira empresa de venda de comida galega elaborada a domicilio. O acto contou coas intervencións de José Ramón Ónega, delegado da Xunta en Madrid; María Luisa Cid, concelleira de Turismo do Concello da Coruña; o ex baloncestista Fernando Romay e Ramón Santiago, director comercial da firma.
Santiago explicou que www.menugallego.es naceu para ofrecer cociña galega de calidade en toda España nun prazo máximo de 48 horas. Ao realizar cada pedido na web, un grupo de profesionais da cociña galega, dirixidos polo recoñecido cociñeiro Pablo Gallego, póñense en marcha. Selecciónase o mellor produto, prepárase, cocíñase e envíase. E todo iso, resaltou, con plena garantía tanto en canto á súa composición e orixe, coma á súa elaboración e, por suposto, engadiu, o transporte ata o domicilio.
Entre os pratos máis solicitados polos clientes desta páxina destacan os mariscos, as carnes e os peixes, sendo a maior parte das persoas que realizan os seus pedidos, galegos que viven fóra da súa terra e persoas que visitaron Galicia e que quedaron prendados das marabillas da cociña galega. A páxina recibe unha media de máis de 4.000 visitas ao mes de toda España e mesmo do estranxeiro.