Ourense xa se viste de Entroido

Aínda non despedimos as festas do Nadal e a provincia de Ourense xa comeza a ulir a Entroido. Hoxe mesmo, o municipio de Cualedro daralle a benvida á festa máis peculiar da provincia de Ourense coa Saída do Zarramanculleiro, un personaxe que vai ataviado dunha maneira moi semellante ao Cigarrón de Verín. O desfile terá lugar á noitiña, cando os Reis Magos estarán quentando motores ante a súa noite de maior traballo.