O programa Reporteiros, da Televisión de Galicia, emitiu esta fin de semana unha reportaxe con interesantes reflexións sobre o sistema aeroportuario galego e o futuro que lle agarda. Partindo dos últimos datos coñecidos, o programa recolleu diversas opinións sobre as deficiencias do sistema e posibles solucións.
De xaneiro a novembro de 2011 pasaron polas tres terminais galegas 4,4 millóns de pasaxeiros, o que supón unha caída do 5% con respecto a 2010. O aeroporto de Lavacolla é o único que aumenta o seu tráfico, mentres que Alvedro cae un 8% e Peinador, un 10%.
O programa puxo de manifesto que os investimentos realizados polas administracións públicas non deron o efecto desexado e que lonxe de levar adiante unha política coordinada, como reclama a Xunta, cada terminal tira para si, beneficiando deste xeito ao Sá Carneiro de Porto. Estas son algunhas das opinións vertidas:
Xerardo Conde Roa, alcalde de Santiago: “En Galicia hai un aeroporto, que é o da Lavacolla. Todo o demais pode servir como aeroportos de apoio, pero o central, como saben todos os galegos, é o de Santiago”. “É unha barbaridade que se realicen investimentos en aeroportos galegos que se sabe que van ser cartos tirados”.
Carlos Negreira, alcalde de A Coruña: “Non se pode botar pola borda o que temos. Alvedro serve a moitas empresas e crea traballo e iso non o vou descoidar”.
Rubén López, experto en aviación comercial e asesor da CEP: “Nunca escoitei que ningunha compañía aérea pedira un aeroporto máis grande ou catro mil prazas de aparcamento”. “O comité de rutas fallou porque quedou nun estamento político e para a foto, non pasou ao estamento operativo”.
Nicolás Álvarez, editor de Aeronoticiarioscq: “As administracións asinan convenios de promoción coas aeroliñas pero eu, ata o momento, só vin un anuncio de Ryanair sobre Santiago. ¿Onde está o resto dos cartos?”. “Os aeroportos galegos deberían tender á especialización”.
Javier Garrido, vicepresidente da CEP: “Todos os galegos, voen ou non, están pagando parte dos voos aos galegos que viaxan e isto non me parece razonable”. “AENA está a realizar un importante investimento nos aeroportos galegos sen un plan de negocio detrás”.