Representantes das catro provincias galegas no VI Campionato Galego de Xefes de Sala-Maitres

Nove profesionáis, procedentes das catro provincias galegas, foron finalmente seleccionados para participar na VI edición bienal do Campionato de Galicia de Xefes de Sala-maitres que se celebrará este xoves na Escola de Hostalería (IES) de Vilamarín, nas cercanías de Ourense, onde se reuneu hoxe martes o comité de selección _formado por directivos de Amaiga, Agaxet e a Organización-SFP/ HG&T- para valorar as incripcións recibidas. Os finalmente seleccionados recibiron unha alta valoración por parte do comité, a vista dos curriculums e traxectoria acreditada, ata o punto de que "vainos ser difícil limitar a seis ou sete, como convén ao crono da complicada sucesión de probas, o número de aspirantes que pasen a competición final", comentou Guillermo Campos, creador deste certame que iniciou súa andadura fai doce anos.

O desenvolvemento do certamen empezará o xoves 12 as 11,30 da mañá cunha proba escrita de trinta minutos de duración e medio cento de preguntas, a modo de semifinal selectiva para avaliar a formación global dos aspirantes, entre os que figuran o "bronce" do anterior campioanto, o coruñés Pedro Sestayo, que intenta o "ouro" desta vez; e o actual campión galego de Sumilleres, Thyales Veiga -vai a polo "doblete"- así como dous xefes de sala de Paradores: Juan Fariña Martínez (Hostal de los Reyes Católicos) e Oscar Quintana Lourido (galego actualmente destinado no Parador de Zamora).


Entre os asimesmo aspirantes posibilistas ao podio, figura tamén outro santiaugés, José Manuel Míguez (Bodeguilla de San Roque), o lugués Jesús Fernando Vallejo, o ferrolán Mario Basoa (Vilar de Mouros), Anselmo Rodríguez (restaurante Trébula, Cangas do Morrazo, Pontevedra) e o carballinés, actual campeón no concurso europeo "skills", Guillermo González.


O comité organizador, no que se integrou o equipo directivo de Servizos do centro anfitrión, ultimaba, a hora de emitir este comunicado, o ordenamento das probas e a composicón-adscripción dos nove xurados "altamente profesionál e/ou coñecedor do servizo de comedor" que calificarán as espectaculares probas finais. O director do IES, Alberto Otero, anticipou a probable asistencia o certame do conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez, e do presidente da Deputacióln de Ourense, José Luis Baltar, entidades, respectivamente, colaboradora e patrocinadora do Campionato. Vinte alumnos co IES-Hostalería "Manuel Antonio" de Vigo, que acolleu a edición anterior deste campionato, solicitaron participar presencialmente nesta nova edición, "evidencia da alta valoración didáctica e promocional que lle recoñecen".