Santiago contra a desestacionalización

“Compostela, destino cinco estrelas”. Así se denomina a iniciativa da Asociación Hostalería Compostela para a promoción dos hoteis da cidade e da comarca, que conta coa colaboración de Turismo de Santiago e da Asociación de Guías Turísticos de Galicia. A través desta campaña os hoteis asociados a Hostalería Compostela ofrecerán aos seus clientes un almorzo gratuíto, un paraugas e unha visita guiada á cidade cun guía oficial da Asociación de Guías Turísticos de Galicia. A campaña ten como un dos seus obxectivos fomentar a desestacionalización do turismo en Santiago, polo que terá lugar nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e novembro de 2012, de tal xeito que se complemente o atractivo de Santiago.

“Compostela, destino cinco estrelas” será tamén un dos eixes da promoción da cidade en Fitur entre o 18 e o 21 de xaneiro, onde se distribuirán 6.000 postais da campaña. Todas as persoas que presenten estas postais nos hoteis da Asociación poderán beneficiarse das vantaxes da campaña.