Santiago Hostelería organiza unha actividade formativa sobre a arte de fumar

A asociación Santiago Hostelería organiza, para os días 31 de xaneiro e 14 de febreiro, senllas accións formativas sobre “O cigarro puro e a arte de fumar”. O módulo I desenvolverase o 31 de xaneiro, de 17.00 a 19.00 horas; mentres que o II terá lugar o 14 de febreiro, de 17.00 a 20.00 horas.

Durante estas dúas xornadas, impartidas por José Andrés Colmena Garrido, xefe de Formación de Altadis España, os participantes profundizarán na historia dos cigarros puros e descubrirán as claves da arte de fumar. O obxectivo é mellorar o coñecemento sobre os cigarros puros e o seu correcto consumo no sector da hostelería, para conseguir dar un servizo especializado a aquelas persoas que queiran gozar deste produto. A acción é gratuíta pero hai prazas limitadas.