A asociación Hostelería Compostela vén de facilitar os datos de ocupación rexistrados na cidade no pasado mes de decembro. De media acadouse un 25,95% de ocupación en hoteis, cifra que representa unha caída de catorce puntos con respecto ao mesmo mes de 2010. Se a comparamos co último ano non Xacobeo (2009), o índice é case catro puntos superior. Sen embargo, este dato semella anecdótico pois decembro de 2011 foi peor que calquera outro mes de decembro entre 2003 e 2008.
Por categoría de establecemento, con respecto a 2010, a caída é maior nos hoteis de 3 estrelas (vinteún puntos menos), de 2 estrelas (catorce puntos menos) e de 5 estrelas (trece puntos menos). Os hoteis de 4 estrelas caen 9 puntos e os de 1 estrela, 8 puntos. Con respecto a 2009, soben os hoteis de 5, 2 e 1 estrela; mentres que os de 4 e 3 estrelas acadan unha porcentaxe media inferior.
No que respecta ás pensións, a media de ocupación en decembro de 2011 foi do 28,44% o que supón un descenso de once puntos con respecto ao mesmo mes de 2010. En canto a categorías, as pensións de tres e unha estrela caen 13 puntos con respecto a 2010 mentres que as de 2 estrelas resisten mellor, pero cun descenso de 7 puntos.