Tras a marcha de Roberto Varela, o seu estreito colaborador, Nacho Santos, deixa a Cidade da Cultura
O director de Acción Cultural da Fundación da Cidade da Cultura de Galicia, Nacho Santos, comunicou a Xesús Vázquez a súa intención de poñerlle fin á súa etapa, unha vez cumpridos os dous grandes obxectivos que lle foron encomendados: pór en marcha un programa cultural para o segundo semestre de 2011 e elaborar o Plan Gaiás 2012-2018. Ignacio Santos aceptara a devandita responsabilidade coa condición de non continuar no cargo, unha vez cumpridos os compromisos adquiridos.
Ignacio Santos –home de confianza do anterior conselleiro, Roberto Varela-ocupou o posto de director de Acción Cultural o pasado mes de abril, responsabilidade á que chegou despois de desempeñar o cargo de director xerente da S.A de Xestión do Plan Xacobeo durante o último Ano Santo 2010. O seu compromiso era permanecer no posto ata rematar a elaboración do Plan Gaiás, que será presentado proximamente.