As obras de rehabilitación do edificio do Balneario da Praia Compostela de Vilagarcía de Arousa remataron hai uns días, despois de seis meses de traballos consistentes no reforzo da estrutura do inmoble e na adecuación das instalacións interiores e exteriores. A única parte do emblemático inmoble na que aínda non foi posible actuar foi o característico balcón semicircular, xa que o Concello está pendente de que Costas do Estado emita a súa resolución.
A rehabilitación que se vén de acometer arranxa, non só a grave situación de deterioro que era visible nas instalacións, senón que tamén resolve as graves deficiencias estruturais detectadas unha vez que comezaron as obras e que poñían en risco a mesma estabilidade do inmoble. Ademais, coa retirada da galería recupérase a fisionomía primixenia dun inmoble que está catalogado e protexido por Patrimonio.
O goberno local pretende que o Balneario da Compostela volva acoller actividade hoteleira, uso para o que foi concibido, e o máis axeitado tendo en conta as súas características e a contorna privilexiada na que se enmarca, así como a necesidade de que Vilagarcía conte con máis aloxamentos turísticos.