A Xunta reducirá o seu organigrama de dez a oito consellerías. A marcha de Pilar Farjas e Marta Fernández Currás a Madrid precipitou os cambios. Pero non serán as únicas en mudar de responsabilidades.
Segundo vén de anunciar o presidente da Xunta, a Consellería de Cultura e Turismo desaparece como tal. Cultura unirase a Educación baixo a coordinación de Jesús Vázquez, mentres que Turismo queda como unha Secretaría Xeral que dependerá directamente de Feijóo. Ademais, Medio Rural fusiónase con Mar e queda en mans de Rosa Quintana.
Feijóo admitiu que tanto a Samuel Juárez –ata o de agora conselleiro do Medio Rural- como a Roberto Varela –de Cultura e Turismo- espéranlles “novas responsabilidades”. Previsiblemente, Juárez será o novo delegado do Goberno en Galicia e Varela incorporarase ao corpo diplomático.

Os outros cambios corresponden á entrada no Goberno de Elena Muñoz, que será a nova conselleira de Facenda, e de Rocío Mosquera –ata o de agora xerente do Sergas- que sustituirá a Pilar Farjas á fronte de Sanidade.
Oposición. Os partidos da oposición criticaron os cambios, sinalando o perfil baixo das novas conselleiras. Os nacionalistas lamentan a desaparición dos departamentos de Medio Rural e Cultura, que pasan a integrarse noutras consellerías. O socialista Méndez Romeu, pola súa banda, criticou o traspaso de Turismo a Presidencia.