A Consellería do Medio Rural e do Mar promocionará os produtos pesqueiros e do agro de Galicia na décimo terceira edición de Xantar, o salón da gastronomía e o turismo que se celebra en Expourense do 1 ao 5 de febreiro. Para elo, contará cun stand institucional de 150 metros cadrados onde se levarán a cabo diferentes actividades promocionais e que será visitado pola conselleira, Rosa Quintana.
Entre as actividades previstas cabe destacar diversos obradoiros con produtos do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia, así como pratos elaborados con Grelos de Galicia (produto destacado nesta edición) e da marca PescadeRías. Tamén se promocionarán o leite, os viños, o polbo ou os berberechos galegos.
Monterrei. Pola súa banda, os viños acollidos á D.O. Monterrei contarán cun stand propio no que os asistentes a Xantar poderán coñecer de primeira man as características destes caldos. Tamén poderán obter información sobre a Ruta do Viño de Monterrei. Haberá, ademais, tres catas comentadas.