A Consellería de Economía e Industria vén de reactivar a campaña “Este inverno presume de praceiro/a”, para poñer en valor a figura profesional dos praceiros ao tempo que se incentiva o consumo e se promocionan e visibilizan os mercados e prazas de abastos como referentes na compra de produtos frescos. Despois dunha primeira fase, que se desenvolveu entre os días 12 e 23 de decembro, a campaña volve aos mercados galegos ata o 20 de xaneiro para promover as compras no período inmediatamente posterior ao Nadal.
Durante o tempo que dura a promoción, os clientes dos 102 mercados participantes, a práctica totalidade dos existentes en Galicia, reciben por cada compra unha papeleta para votar polo seu praceiro favorito e participan en sorteos de bonos de compra para consumir na propia praza por valor de 75, 50 e 25 euros. O mellor praceiro ou praceira de cada mercado sairá do reconto de todos os votos recibidos, e os elixidos serán recoñecidos e homenaxeados publicamente.