A Xunta de Galicia, a de Turgalicia, instalará o seu stand institucional para a promoción do Turismo de Galicia na Feira Internacional do Turismo de Madrid, Fitur 2012, entre os días 18 e 22 de xaneiro. Serán preto de 1.300 metros cadrados de superficie dedicados á difusión turística da Comunidade galega nun dos principais mercados do mundo. Ademais, ao longo destes días os que ao celebraranse no recinto de promoción galego 18 presentacións relacionadas co Turismo de Galicia.
Este ano, o stand da Xunta de Galicia presentará como novidade os dez produtos cabeceira de marca por medio dos que, a partir de agora, se comercializará o destino turístico Galicia, baixo o paraugas da marca Galicia, gárdasme o segredo?. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitará a feira turística o día 18. Este produtos son: Camiño de Santiago, Faros e praias salvaxes, A ruta da camelia, Mananciais de Galicia, Bosques de Galicia, Santuarios máxicos, Turismo mariñeiro, Paseando entre viñedos, Patrimonio oculto e Lugares únicos.
Por outra parte, a Xunta de Galicia, por medio do stand de Galicia en FITUR, difundirá entre os operadores turísticos e o público xeral o mapa de Xeodestinos, un novo concepto de ordenación e promoción do destino turístico Galicia dividindo o territorio galego en 14 áreas turísticas, agrupadas segundo as singularidades de cada zona.
No tocante ás presentacións, inclúense actos de festas como a do Polbo do Carballiño ou o Festival Celta de Ortigueira, e de produtos turísticos como os de Turismo da Coruña, a Mancomunidade do Salnés, a Mancomunidade da Terra Cha, o Inorde, a Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol ou o Concello das Pontes.