O Consello da Xunta autorizou a concesión dun préstamo por importe de 500.000 euros á sociedade Estación de Inverno Manzaneda, S.A. (MEISA) co obxectivo de garantir a viabilidade da sociedade. Meisa, unha sociedade mercantil participada pola Xunta, Novagalicia Banco e os Concellos de Trives e Manzaneda, comprométese a participar de maneira activa para o desenvolvemento da Comarca de Terra de Trives que o Goberno galego está a levar a cabo para o seu reequilibrio territorial, baseado nos principios de solidariedade e cohesión, aproveitando as súas condicións naturais e as súa potencialidades deportivas.
Igualmente, terá que relanzar a actividade da sociedade, no marco do seu plan de negocio, para desestacionalizar a demanda; conseguir unha mellor calidade dos servizos e da información aos usuarios; así como dirixir, xestionar e manter actuacións que melloren a calidade e información da estación de montaña de Manzaneda.
Nos últimos dous anos a Xunta de Galicia apoiou con outras fórmulas a estación con iniciativas promovidas dende a Secretaría Xeral para o Turismo, a Consellería de Traballo e Benestar e máis a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.