Aparellos biodegradaqbles para unha pesca sostible

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, aplaude o uso de aparellos biodegradables para impulsar o crecemento económico e a pesca sostible. Foi o que expresou na inauguración do seminario Novas posibilidades sobre unha pesca sostible, da Federación Galega de Redeiras O Peirao, celebrado esta mañá en Santiago e no que Rosa Quintana insistiu na necesidade de innovar para seguir avanzando na actividade pesqueira.
Neste sentido, a titular de Medio Rural e de Mar puxo como exemplo o proxecto ECO-REDES, desenvolvido pola Federación Galega de Redeiras en colaboración coa Federación de Confrarías de Galicia e que é o obxecto de debate do seminario. Esta iniciativa inclúe a creación de redes biodegradables para a pesca e facilita o seu uso co obxectivo de fomentar a innovación e o desenvolvemento sostible do sector.