Avances cara a rehabilitación do Castelo de Santa Cruz de A Guarda

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estudará o cofinanciamento de ata un máximo de 129.000 euros para a posta en valor do Castelo de Santa Cruz, no concello pontevedrés de A Guarda. A Xunta financiaría o 12,5% das obras de posta en valor deste ben histórico e o Concello pagaría o outro 12,5%. O Ministerio de Fomento, a través do programa para o 1% cultural, financiará o 75% restante. O custo total das obras ascende a 1.033.931 euros.

O Castelo de Santa Cruz está incluído no Sistema Fronteirizo Atlántico da Guarda-Ínsua-Caminha na desembocadura do río Miño. Esta fortificación defensiva pertence ao modelo de construción abaluartada e esta situada nunha paisaxe urbana sobre unha elevación próxima ao mar e fronte aos montes Santa Tegra ao sur e O Terroso ao norte. O castelo posúe un gran valor histórico cultural e contribuirá para dinamizar turisticamente o concello de A Guarda.