Hostalería Galega&Turismo (e séu portal, hggtonline) desenvolve este mércores, en colaboración coa Asociación Galega de Sumilleres que preside David Barco -constituida en comité de cata da revista- unha proba comparativa de tintos de mercado con crianza, para a que foron previamente seleccionados catro decenas de etiquetas con presencia habitual e consumo na hostalería.
A cata (cega) inscríbese no programa de orientacións o consumidor hosteleiro que, no ámeto transfronteirizo con Galicia, ven organizando HG&T. Nesta ocasión, o painel coñecerá o estado de máis dunha ducia de tintos galegos con crianza (producidos nas cinco denominacións, inda que con maioría de Ribeira Sacra e Valdeorras), unha ducia de elaborados en Castella-León cos Ribera de Duero e Bierzo en maior porcentaxe, e outros tantos de Rioja, ademáis dunha representación de Navarra.
A comparativa desenvolverase o longo da mañá, baixo a dirección do director-fundador da revista, Guillermo Campos, nas instalacións do Palacio Hotel de Sober, que colabora xenerosa e profesionalmente coa organización. www.hggtonline.com adiantará os resultados o xoves, e a información completa publicarase no número habitual correspondente a marzo de HG&T.