O 24 deste mes celébrase no Parador de Turismo de Monforte de Lemos a Cata de Calificación da colleita 2011 na D.O. Ribeira Sacra, a colleita máis abundante da Denominación.
As Catas de Calificación da Ribeira Sacra teñen carácter itinerante por subzonas e nesta ocasión o turno é para a subzona de Amandi. O pasado ano a cita foi en Trives, onde a colleita 2010 obtiña a valoración de MOI BOA.
O panel de cata valorará 10 mostras, 2 por subzona, buscando ter representación en cada subzona, dunha adega de moita produción e outra de pouca produción. Da recolida de mostras encargaranse, a partir da próxima semana, técnicos da Denominación.