Este luns comezan as actividades profesionais do Fórum Gastronómico, despois do éxito colleitado durante a xornada de onte domingo, na que numeroso público se achegou ata o Pazo de Congresos de Compostela para coñecer as últimas novidades do sector. Segundo informa a organización, o ambiente nas distintas sesións e na propia feira de exposicións foi “intenso, cunha grande afluencia de público e afán de coñecer os segredos dos mellores cociñeiros”. Durante a inauguración (foto), a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, enxalzou a gastronomía galega e animou ao sector pesqueiro e agrogandeiro a seguir traballando para medrar no mercado exterior.
Unha das actividades que contou cun maior seguemento foi o III Concurso de Pulpeiras que, nunha disputada competición, proclamou vencedora a Palmira Acuña, da Illa de Ons. Amador Porta (A Estrada) e Plácido Lage (O Carballiño) obtiveron o segundo e terceiro posto, respectivamente.
A xornada contou tamén coas primeiras sesións do Fórum Doce, talleres da Cociña de Larpeiros ou cociña sefardí, e a Homenaxe a Cunqueiro realizada por varios cociñeiros galegos. Asimesmo, durante a xornada do domingo presentouse o primeiro viño de Habelas Hailas, O do Avó Marcelo, acto que contou coa participación de varios cociñeiros (foto).
Para a xornada de hoxe, entre outras, están previstas o Concurso da IXP Mel de Galicia “Ouro Doce”, diferentes presentacións de produtos galegos e talleres a cargo de cociñeiros de todo o país, como Javier Olleros, Josean Alija, Jordi Roca, Rodrigo de la Calle ou Paco Morales.