A conselleira de Medio Rural e Mar, Rosa Quintana, foi a encargada de inaugurar oficialmente o Salón da Gastronomía de Galicia, Xantar. Quintana definiu o evento como un escenario perfecto para a promoción conxunta dos produtos do sector primario, ao tempo que sinalou que a gastronomía perfílase como "unha aliada estratéxica e representativa do agro galego e dos froitos do mar, que reflicten, precisamente, o potencial da nosa Comunidade".
Pola súa banda, a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, incidiu en que Xantar é "a gran cita da gastronomía en Galicia e constitúe un referente entre os amantes da arte culinaria na nosa Comunidade". Pardo recordou que a gastronomía é a segunda motivación, tras a natureza, que fai que os turistas escollan Galicia como destino, e reiterou o compromiso do Goberno galego con eventos como Xantar.
A inauguración dou así o pistoletazo de saída a cinco días de intensa actividade en Expourense, con degustacións, catas comentadas, conferencias, etc. Tamén se celebrará un acto de recoñecemento aos restaurantes galegos con estrela Michelin e con soles Repsol.
Ademais, diferentes rexións galegas, portuguesas e do resto de España ofrecerán os seus produtos máis senlleiros nos diversos restaurantes habilitados no recinto feiral. (Foto de arquivo)