Santiago énchese de actividades relacionadas coa gastronomía da man do Fórum 2012. Como previa á fin de semana, este xoves comeza a programación do Fórum Cidade, neste caso cunha aposta polas tapas. Diversos locais composteláns prepararán un petisco especial para a ocasión, a un prezo de dous euros, co que quentar motores de cara ao salón. O Fórum Cidade inclúe outras moitas actividades como o Fórum Noite, o xogo do Fórum Nenos, etc.
O groso das actividades terá lugar do 26 ao 28 de febreiro no Pazo de Congresos de Santiago, con sesións para afeccionados e profesionais, exposición de máis de 350 marcas, catas comentadas, etc.
Tamén estarán presentes os viños e a gastronomía sefardí da man da Red de Juderías de España-Caminos de Sefarad. No stand da asociación terán lugar degustacións de viños, aceites e doces e produtos casher, entre outros.