O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que a Estratexia Galega de Acuicultura, documento aprobado no último Consello da Xunta, é “coherente” coas directivas europeas e co obxectivo de atraer “proxectos viables para Galicia” -que creen riqueza e que xeren emprego- e “proxectos respectuosos con Galicia”.
Feijóo salientou que con este documento, que rexerá a planificación e a xestión da actividade acuícola ata o horizonte 2030, Galicia se converte na primeira comunidade de España e na primeira rexión europea que realiza o plan estratéxico do sector. “Hoxe, aprobamos o que queremos facer ata o ano 2030 no ámbito da acuicultura. Unha ocasión que non debemos perder para que Galicia recupere o liderado acuícola en Europa”.

Contrariamente, A Plataforma en Defensa do Sector Marítimo Pesqueiro de Galicia, oponse frontalmente e fai público que con este documento, que rexerá a planificación e a xestión da actividade acuícola ata o horizonte 2030, Galicia se converte na primeira comunidade de España e na primeira rexión europea que entrega o patromonio dos seus ciudadáns a empresas foráneas en detrimento dos recursos autóctonos. Este colectivo abonda que "todo este proxecto montado de costas aos galegos/as, poñerá fin a moitos anos de historia da pesca e mar de Galicia".