A Asociación Profesional de Guías Turísticos de Galicia organiza o curso “O celtismo como recurso turístico en Galicia”, especializado nos santuarios celtas existentes na nosa comunidade. O obxectivo da acción é “fornecer aos profesionais de competencias no mercado e circuíto celta”, aproveitando as condicións e o patrimonio existente. Académicos e profesores independentes avalados cientificamente polo Instituto Galego de Estudos Celtas serán os encargados de impartir as sesións, que se celebrarán os días 18, 19, 25 e 26 de febreiro.
No transcurso das sesións presentarase un itinerario mitolóxico atlántico de carácter universal para Galicia e debaterase sobre a rendibilidade económica da marca turística “celta”. O curso comezará o sábado 18 de febreiro coa intervención da secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, e incluirá varios percorridos que levarán aos participantes a lugares como o santuario de Santa Comba de Covas (Ferrol), a Pena Moura de Donalbai (Begonte), o santuario do Facho Donón (Cangas do Morrazo) ou a Montaña Máxica do Seixo (Cerdedo).