A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, e o Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández, presentaron este venres a XV Feira do Butelo que acollerá esta fin de semana, 11 e 12 de febreiro, dito municipio da Montaña luguesa.
Gran parte das 3.460 explotacións de gando porcino radicadas en Lugo sitúanse na comarca da Montaña. Ademais, concretamente na Fonsagrada, están afincadas dúas das tres empresas existentes na provincia adicadas á elaboración, transformación e comercialización do Porco Celta. Precisamente, estas dúas entidades, que son “Porco Celta Fonsagrada” e “Porco Celta Real A Fonsagrada”, participarán neste evento gastronómico.
Xunto a elas, estarán “Casa Castelao”, “Butelo Tita” e “Embutidos Buena Vista”. Todos eles son negocios fonsagradinos que porán á venda unhas 10 toneladas de butelos a prezos de entre 9 e 12 euros. En anteriores edicións e por productor, chegáronse a vender unhas 3.500 pezas, acadando un volume de negocio de máis de 20.000 euros, tendo en conta ademais as adquisicións doutros derivados, que tamén estarán á venda nesta convocatoria, como cachuchas, lacóns, touciños ou chourizos. En total, no recinto haberá 64 stands ocupados por profesionais procedentes, ademais da Fonsagrada, de diferentes Concellos de Lugo, do resto de Galicia, así como de Asturias, Cantabria, Castela e León ou Madrid.