Este mércores celébrase no Hotel Palacio de Sober (Lugo) a reunión definitiva do xurado dos Premios HG&T-Agaxet, galardóns que se entregarán no transcurso da Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia que se celebrará no Teatro Principal de Pontevedra o 20 de marzo próximo.
Un total de 41 finalistas aspiran a acadar a Nominación nas tres grandes áreas temáticas obxecto de premio e que, segundo a deliberación do xurado, poderán subdividirse en categorías máis específicas. O primeiro gran bloque fai referencia a “Accións de promoción e marketing, recuperación e posta en valor do patrimonio, imaxe intersectorial e divulgación” e engloba un total de 12 finalistas. A segunda gran área abarca “Proxectos empresariais, iniciativas profesionais, equipamentos e suministros”, e inclúe 14 finalistas. Por último, o terceiro bloque agrupa a 15 finalistas na área de “I+D e formación, e produtos gastronómicos do ano (bebidas e bocados)”.
Os Nominados finais optarán aos Pergameos e ás Medallas Dagda (estas últimas concedidas pola prensa especializada), polo que serán proclamados como os mellores do ano nas súas respectivas áreas. O palmarés complétase co Premio Especial que entrega a redacción da revista Hostelería Galega & Turismo e que este ano recae na Guía Michelin.
A reunión do xurado comezará ás 17.00 horas, previa celebración dun xantar oficiado polo vixente campión galego de cociñeiros, Marco Varela, e unha visita guiada ás instalacións do Palacio de Sober. (Foto: reunión anterior).