O edificio da Alfándega Cultural de Valença do Minho acolle este venres o acto de formalización da Eurocidade Valença-Tui. O acto contará coa presenza do presidente da Cámara municipal valenciana, do alcalde de Tui, do presidente da Comisión de Coordinación da Rexión Norte e dun representante da Comunidade de Traballo Norte de Portugal-Galicia.
A sinatura do protocolo culmina un longo proceso que xa tivo os seus froitos, por exemplo, no uso compartido da piscina municipal de Valença e o conservatorio de Tui.
A Eurocidade abranguerá un total de 35.000 habitantes que, a pesar da separación física que representa o río Miño, estarán a partir de agora máis preto que nunca.