A Cámara Municipal de Valença do Minho e o Concello de Tui van presentar a oferta turística da Eurocidade Valença-Tui na Bolsa de Turismo de Lisboa (BTL), que comeza este mércores. A presentación terá lugar o venres ás 15.00 horas no stand de Turismo do Porto e Norte e incluirá unha degustación de produtos rexionais como o caldo verde, a pastelaría conventual, viños, etc.
A Eurocidade preséntase como un destino apetecible polo elevado valor histórico da Fortaleza de Valença ou a Catedral e Centro Histórico de Tui, entre outros enclaves. Estes dous municipios xa presentaron a súa oferta conxunta en Fitur.