Esta é a fin de semana grande do Entroido e non hai vila en Galicia que non o celebre. O máis sonado quizais sexa o do denominado triángulo máxico (Verín, Xinzo de Limia e Laza), pero hai outros moitos entroidos que paga a pena ter en conta. Por exemplo, o da comarca da Ulla ou o de Cobres (Vilaboa), cos tradicionais galáns e madamas.
No aspecto gastronómico, destacamos dúas citas. Por un lado, o concello de Navia de Suarna acolle este domingo a vixésimo segunda edición da Festa da Androlla. Trátase da 1º cita gastronómica que xurdiu na Montaña de Lugo, concretamente no ano 1991, e que sempre se celebra o Domingo de Antroido. A programación arrancará ás 10:00 horas cun pasarrúas a cargo dun grupo de gaiteiros. Os stands abrirán as portas media hora máis tarde. Precisamente a música amenizará a degustación gratuíta de 200 quilos de androllas que terá lugar ás 13:30 horas. O xantar oficial comezará ás 15:00 horas e as actuacións musicais pola vila naviega proseguirán a partires das 17:30 horas e ata o fin da xornada.
A outra cita que destacamos é a Festa do Caldo de Ósos de Taboada, que se desenvolve durante toda a fin de semana. O pregoeiro será José Manuel Fernández, responsable territorial de Novagalicia Banco en Pontevedra e nado en Taboada. Se ben a degustación será o domingo, o sábado o programa reserva outro prato forte, o festival Festóso, coas actuacións de O Leo, Os Miñocas e Músicos de Guardia.