Feira do Viño do Ribeiro, novas datas e novo formato

A Feira do Viño do Ribeiro cambiará, non soamente as suas datas de celebración (1º fin de semana de maio 4, 5 e 6), senón que tamén haberá cambios no seu formato e incorporará novas actividades encamiñadas a mellorar o turismo enolóxico e gastronómico, dinamizar a economía e incrementar a investigación arredor do viño do Ribeiro. A feira busca consolidar a Ribadavia como un referente vitivinícola e gastronómico, que é a segunda motivación para os turistas que visitan Galicia, co obxectivo de xerar riqueza e postos de emprego.


Nesta edición presentarase un novo formato, no que todo xirará arredor do viño, da gastronomía, da súa cultura, da súa importancia na vida dos homes, do seu legado patrimonial, da súa paisaxe, do seu poder de socialización, da súa salubridade e da súa capacidade na xeración de riqueza e dunha maneira de vivir e de pensar.


Asemade, para darlle máis valor á paisaxe e ao patrimonio do viño, o Concello de Ribadavia vai a pór en marcha unha iniciativa destacada: o “Tren dos Viñedos”. Dito tren sairá dende o Castelo de Ribadavia e fará dous percorridos polas distintas paisaxes vitivinícolas da comarca, seguindo rotas que permitirán admirar a beleza paisaxística do Ribeiro, os famosos socalcos e as construcións e granxas medievais do viño, toda unha oportunidade para que os visitantes, turistas e mesmo os veciños do Ribeiro coñezan e disfruten da gran variedade paisaxística da viña e da historia do viño.