Feiraco celebra unha xornada técnica sobre a calidade leiteira

Feiraco organiza ata o venres unha xornada sobre a calidade do leite, dirixida fundamentalmente aos socios da cooperativa e demais colectivos e persoas interesadas na temática. Impartidas por especialistas de ampla experiencia e coñecemento do sector, as sesións organízanse en colaboración coa Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, entre outros organismos.

O programa aborda aspectos como a epidemioloxía, enfermidades máis comúns dos animais, refrixeración, certificación da produción leiteira, nutrición e sanidade, etc. As sesións desenvólvense nas instalacións de Feiraco, en Pontemaceira.