A Festa do Viño do Ribeiro, en maio

A tradicional Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa 49ª edición, vaise a celebrar os vindeiros días 4, 5 e 6 de maio de 2012, no recinto da Alameda, en Ribadavia (Ourense).
Retórnase, de este xeito, ás datas na que se viña celebrando anteriormente, se exceptuamos os últimos tres anos, nos que se levou a cabo no mes de xullo.


O Concello de Ribadavia, como organizador do evento, decidiu adoptar esta decisión despois de analizar e avaliar o sentir do propio sector do viño, tanto de adegas como de colleiteiros a través de enquisas, realizadas polo propio Concello de Ribadavia, nas que mostraban a súa preferencia pola data anterior debido á maior capacidade para atraer visitantes e promocionar o viño con máis tempo para a venda.