A Xunta de Galicia, vistos os dubidosos resultados da política aeroportuaria desenvolvida ata o momento, semella que vai cambiar de estratexia, destinando os cartos públicos non a subvencións a aeroliñas senón a campañas de promoción de Galicia como destino turístico. Segundo a Xunta, os contratos de patrocinio coas compañías low cost “non amosaron ser efectivos”, dada a perda de viaxeiros que experimentan fundamentalmente os aeroportos de Vigo e A Coruña. Por iso serán estas dúas terminais as primeiras que verán modificada a política de promoción da Xunta. Por iso, e porque o contrato que a Xunta ten con Ryanair, e que afecta a Lavacolla, ten vixencia ata 2013.
Así pois, na primeira fase do plan (2012), a Xunta investirá cadanseu millón de euros nas terminais de Peinador e Alvedro. Entre as actividades previstas están accións dirixidas ao público final, presentacións a touroperadores, campañas en medios, deseños de paquetes turísticos, etc. A este respecto, a Secretaría Xeral para o Turismo será a encargada de elaborar a estratexia con accións concretas, co obxectivo de ter finalizado o documento entre os meses de marzo e abril.
O conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, espuxo directamente aos hosteleiros galegos os plans da Xunta. Nunha reunión celebrada con membros de Cehosga (foto), o conselleiro explicou os obxectivos da nova política, toda vez que “vincular a promoción turística a un determinado número de conexións non foi eficaz”. Os empresarios amosáronse satisfeitos co cambio. O presidente de Cehosga, Héctor Cañete, sinalou que ésta é “unha vella demanda do sector. Sempre dixemos que as aeroliñas low cost non eran rendibles porque non traían turistas a Galicia”. Pola súa banda, o presidente de Hospeco, Francisco Canabal, incidiu en que “por fin a Xunta entende que o importante é traballar nos destinos e non abrir rutas por abrir. Un erro que para o único que serve é para que as aeroliñas leven galegos cara o exterior”.
No outro lado da balanza sitúanse expertos na materia como o compostelán Nicolás Álvarez que no seu blog (aeronoticiarioscq) sinala que “coa confirmación desta noticia, o turismo de Galicia quedará relegado a un plano marxinal e é que agora o diñeiro empregarase en campañas pouco clarificadoras e que pouco ou nada facilitarán a viaxe dun turista estranxeiro á nosa Comunidade”.