A cervexería de Estrella Galicia en Catro Camiños (A Coruña) acolleu este mércores a presentación do programa do Fórum Gastronómico 2012, que se desenvolverá en Compostela do 26 ao 28 de febreiro. No acto, o responsable de Trade Marketing de Hijos de Rivera, Manel Pérez, sinalou que o patrocinio do evento por parte de Estrella Galicia “persegue apoiar as iniciativas que acheguen valor á canle da hostalería e a restauración”.
Pep Palau foi o encargado de debullar o programa oficial, así como de facer unha pequena aproximación aos relatores desta cita. O obxectivo do Fórum, dixo, é converterse nun escaparate de todo o sector agroalimentario galego e ser o punto de encontro enogastronómico profesional. Sesións maxistrais no Auditorio, Obradoiros, Aula Activa, Fórum Doce, Fórum Viño, premio InnoFórum, actividades e atraccións organizados polos expositores… o programa total conta con 80 sesións impartidas por máis de 100 cociñeiros e profesionais, entre os que se atopan os galegos Alfonso G. Pendás, Beatriz Sotelo, Marcelo Tejedor, Héctor López, Chef Rivera, Xoan Crujeiras ou Xosé T. Cannas, presente na rolda de prensa. Precisamente, o cociñeiro pontevedrés quixo subliñar a importancia deste evento para o desenvolvemento da cociña galega.
En canto á presenza foránea, destacan nomes como o dos irmáns Roca, Josean Alija, Paco Morales, Rodrigo de la Calle, Dani García, Xavier Pellicer ou Ricardo Sanz.
A entrada xeral ao recinto é de 5 euros o domingo, e a entrada profesional é de 15 euros o luns e o martes. Con esa entrada accédese gratuitamente ao Auditorio, onde terán lugar sesións maxistrais a cargo de relatores de recoñecido prestixio, o que supón unha novidade en Galicia. Unha novidade destacada é a Aula Activa, un espazo experimental e interactivo no que os asistentes terán o privilexio de estar xunto ao mestre e probar os seus pratos.