O director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, Manuel Varela Rey, presentou os resultados do programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño, das que destacou que o 92% teñen unha calidade axeitada, e o 70,7% excelente. Así, no censo oficial da temporada 2011 figuran un total de 499 zonas de baño con 519 puntos de mostraxe que se atopan en 118 concellos da Comunidade Autónoma galega.
Dos 519 puntos de mostraxe das zonas de baño, o 70,7% obtivo unha cualificación sanitaria excelente; o 13,1% resultou de cualificación sanitaria boa; o 8% foi cualificada como suficiente; e só o 8,2% das augas resultaron de calidade insuficiente.