Turgalicia presentará a oferta galega na feira Reise Camping de Essen (Alemaña), que comeza este mércores e se prolonga ata o domingo. Neste evento turístico, dedicado ao campismo e o autocaravaning, Turgalicia promocionará a rede de cámpings da comunidade galega e o turismo de natureza, ademais da oferta global e o Camiño de Santiago.
A participación neste certame permitirá influír no mercado turístico alemán, o segundo mercado internacional máis importante para a comunidade galega, xa que o 12,3% dos estranxeiros que se aloxaron en establecementos regrados de Galicia o ano pasado procedían deste país. Os alemáns situáronse no segundo lugar despois dos portugueses en canto a ocupación hoteleira en Galicia en 2011, segundo os datos do Instituto Nacional de Estadística. Ademais, foi un mercado que medrou un 1% entre os anos 2010 e 2011.