O Entroido chega ao seu fin, pero aínda esta fin de semana se pode gozar dos disfraces, as charangas… e a gastronomía máis típica da época. Unha das opcións é acudir á Festa da Filloa de Lestedo (Boqueixón-A Coruña), que se celebra este domingo. Esta festa, declarada de interese turístico, terá como pregoeira á secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, e agarda congregar a milleiros de persoas. Non faltarán as actuacións musicais e o desfile dos Xenerais da Ulla.
En Cuntis (Pontevedra) a cita é co Lacón con Grelos, ao que se rende homenaxe tamén o domingo. Prepararanse arredor de 2.300 racións deste prato típico, a un prezo de 10 euros. As carpas para a degustación estarán instaladas nas inmediacións do pavillón. Tamén haberá exposicións e actuacións musicais.
E en Quiroga (Lugo) celébrase a Mostra do Aceite, que chega á súa edición número 12. Terá como esceario o muíño de Bendilló, onde haberá demostracións de prensado da aceituna e elaboración de aceite ao modo tradicional. Seis colleiteiros amosarán os seus produtos, que poderán ser adquiridos.