Gastronovena con 17 cociñeiros Nove

Hoxe comeza o Fórum Gastronómico 2012 e o Pazo de Congresos de Compostela rezuma actividade. Pero non só alí se concentra o movemento dos amantes da gastronomía pois na propia cidade de Santiago segue a celebrarse o Fórum Cidade. Este domingo celébrase a Gastronovena, na que dezasete cociñeiros do Grupo Nove presentarán as súas elaboracións en 8 establecementos da cidade. Os cociñeiros prepararán tapas de alta cociña, que se servirán a un prezo de 2 euros.

E mañá luns terá lugar o Fórum Viños, no que 8 locais ofrecerán a posibilidade de probar unha selección de viños de autor das adegas participantes no Mercado do Viño que se celebra no Fórum. Non hai excusa, pois, para non achegarse estes días a Santiago.