Unha entrevista a Xerardo Conde Roa en Radio Obradoiro deixou ao descuberto que a comunicación entre a Alcaldía e Hostelería Compostela non é o fluída que debera. O alcalde, en referencia á promoción da cidade e á eliminación de subvencións ás liñas low cost, queixouse de que os hostaleiros composteláns “non aportan nin un euro” e “só se dedican a queixarse”. Xerardo Conde Roa incidiu en que é labor do Concello promocionar a cidade, “e así o faremos no exterior” –precisou-, pero botou en falta a colaboración económica dos empresarios de hostalería. “O Concello non é o director comercial dos establecementos de Santiago. Espero que dunha vez por todas poñan cartos enriba da mesa”, sinalou o alcalde. Conde Roa citou o caso da Volta Ciclista a España. O Concello aportou arredor de 20.000 euros para conseguir que a caravana da carreira faga noite en Santiago, o que suporá unhas 1.200 pernoctacións. “Os hostaleiros non puxeron nin un euro, e iso paréceme intolerable. O Concello ten que promocionar Santiago, pero se os hostaleiros queren participar, que poñan cartos enriba da mesa”, apostillou.
O presidente da rama de Hospedaxe de Hostalería Compostela foi o encargado de matizar as verbas do alcalde na mesma emisora. José Manuel Otero incidiu en que as manifestacións do rexedor poden deberse a que “quizais non teña a información suficiente” ao respecto porque “non houbo ningunha crítica da asociación á xestión do PP desde que está no Concello”. O presidente de Hospedaxe sinalou que “o turismo é o motor desta cidade, pero o turismo non só son restaurantes e hoteis”. Ademais, Otero aclarou que “nós non podemos dar diñeiro para a promoción, pero hai que recordar que pagamos impostos e se nos consultan que facer con eses cartos, mellor”. Otero finalizou pedindo que “flúa mellor a comunicación” entre a Alcaldía e os empresarios porque “todos queremos que as cousas vaian ben”.