O Fórum Gastronómico 2012 será “unha inmellorable ocasión” para dar a coñecer a calidade e variedade dos produtos do mar e da terra de Galicia. Por iso, a Consellería do Medio Rural e do Mar ten previsto estar presente cun stand que permitirá a produtores do agro e do mar mostrar as súas novidades, así como dispoñer dun espazo propio onde realizar catas en directo.
Paralelamente, e xa no programa oficial do Forum Gastronómico 2012, Medio Rural e Mar organiza catro obradoiros que se desenvolverán na sala Picadillo e nos que os mellores especialistas farán cociña en directo con degustacións e catas guiadas. Así, o domingo ás 11.00 horas terá lugar o obradoiro “A cociña tradicional galega” a cargo de Benigno Campos. Ás 12.30 horas será o segundo, a cargo de Héctor López e Rafael Centeno: “Os sabores do mar de Galicia”. Xa o martes terán lugar os outros dous obradoiros. O primeiro ás 12.00 horas, a cargo de Flavio Morganti: “Novas técnicas con produtos de calidade diferenciada”. O último será “A cociña con produtos da pesca artesanal”, a cargo de Xosé T. Cannas, e comezará ás 13.30 horas.