O Fórum Gastronómico de Santiago é o lugar elixido pola empresa Habelas Hailas Licores para presentar o seu primeiro viño: O do Avó Marcelo. Trátase dun albariño (100%) para o que a firma noiesa contou coa colaboración da adega Coto Redondo (O Condado) e a creatividade da ribadumiense Marta Lojo, que lle deu á etiqueta un toque pop art.
A presentación terá lugar o domingo da man dos cociñeiros do Grupo Nove e algún “gastrotalento”, como adiantou o xerente de Habelas Hailas, Luis Romero. Ademais, o luns celebrarase unha cata comentada a cargo da presidenta da asociación de sumilleres Gallaecia, Mercedes González.