Novas accións formativas de Hostelería Compostela

O Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostelería Compostela acolle en próximas datas tres novas accións formativas, dirixidas especialmente a persoas menores de 30 anos desempregadas. Son un Curso de Cociña e dous Cursos de Operacións Básicas de Cociñas e Operacións Básicas de Restaurante-Bar.

O primeiro curso en celebrarse será o de Operacións Básicas en Cociña. Comezará o vindeiro día 22 pero mañá terá lugar a realización das probas de selección do alumnado. Este curso permitirá aos alumnos aprender a preelaborar alimentos, presentar elaboracións culinarias sinxelas, etc.

Dende a súa apertura, pasaron polas aulas deste centro case 8.000 alumnos, entre formación para profesionais e desempregados, dos que máis dun terzo atoparon traballo trala súa formación práctica. (Foto: Hostelería Compostela).