Cinthya Valeska Astorga López, estudante de 2º do Ciclo Medio de Servizos do IES de Foz foi a gañadora do V Campionato Internacional de Baristas das Escolas de Hostelería, celebrado este martes no instituto mariñano. Durante toda a mañá os representantes das Escolas de Hostelería de Galicia, Cantabria, Asturias e Portugal tiveron 15 minutos para preparar catro expressos, catro capuccinos arte e catro bebidas fantasía sen alcohol. A gañadora realizou nesta última proba unha bebida baseada na tarta de Mondoñedo, utilizando como ingredientes a améndoa e o cabelo de anxo.
Na entrega de premios, o presidente da Deputación de Lugo, Xosé Ramón Gómez Besteiro, destacou a aposta do instituto de Foz por unha especialidade profesional que “aumenta as posibilidades de inserción laboral” no sector servizos, ao que se dedican o 70% das empresas radicadas nesta comarca.
Este mércores, o IES de Foz segue sendo protagonista ao acoller o IV Campionato de Baristas da Rexión Noroeste SCAE de España, no que se dan cita doce profesionais da hostalería de todo o país.